A vida dache sorpresas ( as veces boas)
Unha xornalista à que admiro moito dixo que en tantas ocasións cando un pensa que está a fracasar, en realidade protagoniza unha sonora victoria. Algo así lle aconteceu a alguén que coñezo. Pensaba que estaba apaixonada por un home bó ainda que un pouco gris e andaba ilusionada coa súa nova adquisición.
Un home culto, xeneroso, con formación, con diñeiro. Un melro branco, que diría a miña nai. O xenro con que todas as sogras soñan.
Eu, particularmente, non gostaba nada dele. Sen saber moi ben porqué. Por intuición, iso que algunha vez alguén definíu como a intelixencia demasiado veloz.
O amor lles durou pouco…Digamos que a miña amiga é emocional, paixonal, entregada. Penso que o señor estaba un pouco amedrentado polo seu carácter e, pésia ao temor de que ela ficara un pouco triste, pensei que algo que acaba de comenzar non a podía deixar tan afectada.
Efectivamente, entrou nunha onda frivolona e comenzou a marcar citas con outros homes. Para cear, tomar viños, ter sexo…Non quero saber nada de amores. Non quero complicacións.
Perfecto, pensaba para mín, non se magoará. Pero a vida ten estas cousas e o amor tamén
As veces, os sentimentos aparecen cando non se procuran e esta muller, agora sí, quedou prendada dun home bó, vital, forte, enérxico, bo rapaz, que pode non ser a priori o mellor xenro para calquera sogra pero é perfecto para ela que xa considera un privilexio ser amada por alguén así.
Como non tivo moita sorte ao longo da súa vida amorosa, cruza os dedos das mans e dos pés para que non se torza. Eu tamén. Gosto moito deste señor. Por todo.